Skip to content
fisicaUSCPublic

About

MOMENTUM: a revista estudantil da Facultade de Física da USC

Resources

Stars

9 stars

Watchers

1 watching

Forks

Repository files navigation

logo-momentum

Momentum, de carácter científico, busca ser un medio de comunicación tanto dentro coma fóra da Facultade de Física, coa finalidade de fomentar e cultivar o interese e a curiosidade pola física e a ciencia. Por medio de artigos de divulgación, novas científicas, entrevistas a personalidades, achegas sobre a historia e filosofía da ciencia, e mesmo algún que outro artigo de corte popular, a revista pretende ofrecer unha visión ampla e accesíbel.

Este proxecto, impulsado polo estudantado de Física da USC, naceu no ano 2025 co obxectivo de crear un recuncho de expresión que vaia máis aló do estritamente académico, aberto ás xeracións actuais, pasadas e vindeiras.

A equipa de Momentum agradece profundamente calquera suxestión. Non dubidedes en deixar a vosa pegada!

Exemplares anteriores: Revista Estudantil Momentum

Contacto: revistafisicaUSC@gmail.com

📝 Como participar na revista?

Hai varias formas de participar, segundo os intereses e inquedanzas de cada persoa:

  • Produción de contidos: escribir artigos, entrevistas, pasatempos..., xa sexa como colaboración puntual ou de maneira máis continuada. As contribucións envíanse ao correo electrónico de contacto, en formato plano Typst ou LaTeX.

  • Comisión de Edición: encárgase de implementar o deseño visual, garantir a reproducibilidade dos códigos e coidar que o formato final sexa limpo, coherente e profesional.

  • Comisión de Corrección: vela pola calidade lingüística da revista a través da tradución e localización dos contidos, así como da corrección textual.

  • Comisión de Produción: xestiona recursos, promove a revista, mantén o contacto con institucións e colaboradores externos e procura apoios para garantir a lonxevidade do proxecto.

  • Comisión de Dirección: coordina o proxecto no seu conxunto, vela polo mantemento da identidade creativa da revista, coordina a sección de entrevistas e aproba os artigos enviados.

O proxecto funciona grazas á participación aberta: non importa se colaboras unha vez ou varias, toda achega é valiosa. Se tes dúbidas ou ideas, podes escribirnos ao correo ou preguntar nos grupos da DAF e da revista!

🔍 Índice de contidos

  1. Estrutura do repositorio
  2. Estrutura das revistas
  3. Compilación
  4. Outros enlaces e documentos

🗃️ Estrutura do repositorio

O repositorio contén:

  • estilo.typ - Estilo de Typst para a revista.
  • momentum-citacions.csl - Estilo de citas bibliográficas do Citation Style Language, variante do estilo APS
  • Makefile - Configuración para compilar a revista.
  • CITATION.cff - Para descargar a propia referencia bibliográfica da nosa revista ca información correcta.

Cartafoles principais:

  • revistas/ - Contén as edicións da revista, cada unha nun subcartafol numerado (001, 002, ...). Cada edición inclúe o ficheiro principal revista_001.typ, os artigos correspondentes .typ, as bases de datos bibliográficas .bib e un cartafol imaxes/.

    .
    └── revistas/
       ├── 001/
       │  ├── revista_001.tex
       │  ├── bibliografia_VELNI_DD.bib
       │  ├── artigo_VELNI_DD.tex
       │  └── imaxes/
       │     ├── portada_001.png
       │     ├── VELNI_DD_tipos_nos.jpg
       │     └── VELNI_DD_skyrmions.jpg
       ├── 002
       │  └── ...
       └── ...
    

    A convención para nomear ficheiros é a seguinte: se o noso produtor de contido se chama Velni Diz Diz, o artigo será artigo_VELNI_DD.tex, as imaxes asociadas ao artigo comezaran por VELNI_DD_* (cun posible sufixo explicativo) e a bibliografía propia, no caso de tela, será bibliografia_VELNI_DD.bib.

    No tocante á imaxe da portada, cómpre que sexa exactamente cadrada para non ter problemas na compilación, isto pode facerse con programas como Inkscape, Gimp ou ImageMagick

  • logos/ - Logos da universidade, facultade e institucións colaboradoras en PDF.

  • fontes/ - Tipos de letra empregados na revista.

  • trebellos/ - Recursos auxiliares e outros scripts da equipa de edición.

  • docs/ - Documentación sobre a revista e os procesos de edición.

(voltar ao índice)

📰 Estrutura das revistas

Revistas

Os ficheiros comúns a todas as revistas, como o estilo da revista, estilo.typ, e o estilo bibliográfico, momentum-citacions.csl, deben estar na raíz do proxecto.

Cada número da revista ten o seu propio cartafol en revistas/, e dentro destes é onde se gardan os ficheiros específicos de cada revista, como os artigos e as imaxes.

O ficheiro principal de cada revista noméase como, se é a revista número 001, revistas/001/revista_001.typ. Este é o ficheiro principal a compilar, e o único que fai é cargar o estilo da revista, aplicalo, e chamar a función que xera o contido.

// revistas/001/revista_001.typ
#import("/estilo.typ"): *

#crear_revista()

O ficheiro de datos de cada revista, ven sendo revistas/001/datos_001.typ, onde se define a variable informacion_revista que é usada polo estilo para saber que artigos meter dentro, que cores usar, que datas, imaxe da portada, etc. Estes datos sobreescriben os que temos por defecto no ficheiro estilo.typ

// revistas/001/datos_001.typ
#let informacion_revista = (

    artigos : (
        "/revistas/001/artigo_MAR_BT.typ",
        "/revistas/001/artigo_SARA_NF.typ",
        // etc.
    ),

    cor_resalte: "#951ed6", // a cor de resalte de cada número
    cor_texto: "#ffffff",   // a cor do texto que esta escrito _sobre_ a cor de resalte

    data_dia: 24,       // Data de publicación
    data_numero_mes: 8, //
    data_mes: "agosto", //
    data_ano: 1998,     // (cumple de deivis)

    imaxe_portada: "/revistas/001/imaxes/portada.png",
    comentario_imaxe: "Comentario que acompaña a imaxe.",

    participantes: (
       "Dirección"  : ( "Andrea", "Lara"),             // Participantes. Os postos son arbitrarios
       "Edición"    : ( "Pu", "Sara", "Daniel"),       //
       "Corrección" : ( "Carlos", "Marta", "Geranio"), // (miñas amigas)
    ),

    despedida: [ Despedida moi bonita. ],
    agradecementos: [ Agradecementos emotivos a todas as miñas amigas! ]

)

Adicionalmente, tamén se poden incluir os datos repositorio, whatsapp, instagram, anteriores e correo, pero como son sempre os mesmos, non fai falla repetilos en cada número. Máis información sobre a implementación e particularidades no ficheiro de estilo da revista.

(voltar ao índice)

Artigos

Os artigos gárdanse no mesmo directorio que o /revistas/001/revista_001.typ correspondente e inclúense na revista metendo o seu nome en datos_001.typ. Teñen a seguinte forma:

// revistas/001/artigo_MAR_BT.typ

// Á función `Artigo` pode pasárselle a info deste artigo concreto
#show: Artigo.with(
  titulo     /* OBRIGADO */ : [Prefires quedarte calvo, ou roubar Plutonio-239?],
  autoria    /* OPCIONAL */ : [Mar B. T.],
  subtitulo  /* OPCIONAL */ : [Relacións neurolóxicas entre a calvicie e os deportes de risco.],
  afiliacion /* OPCIONAL */ : [Faculdade de Psicoloxía]
  estilo     /* OPCIONAL */ : "Psicoloxía Nuclear",
)

#columns[ // mostrar 2 columnas

    == Introdución // As distintas partes sepáranse con encabezados de invel >= 2

    Bos días anduriños, neste artigo ensinareivos como facer fisión nuclear caseira
    cun barreño e unha fonte de Plutonio-239 nos baños do PDI da facultade.
    ...

    == Outra sección
    En primeiro lugar, denunciar á DAF polo desamparo económico e agradecer a
    tódolos marabillosos profesores que tiven ata o momento. Por suposto, agradecer
    tamén a [REDACTADO] por axudarme a sacar a fonte do laboratorio de nuclear.
    Vémonos na próxima!! @hector.pol // citar a Héctor Pol, noso querido profe do Lab. Nuclear

    #CrearBibliografia("/revistas/001/bibliografia_MAR_BT.bib")

] // fin das fúas columnas

A función Artigo é o centro de cada artigo: cambia as seccións da revista, reinicia numeracións, dá formato aos encabezados, define nomes... Véxase a documentacion pra máis info de como funcionan os artigos.

(voltar ao índice)

🧰 Compilación

Dependencias

Este proxecto usa Typst como linguaxe de programación; a compilación manéxase con make; e as versións do código con Git. Fai falla ter o compilador de Typst, GNU-Make e Git instalados e na $PATH. non se soporta a compilación en liña en typst.app. En principio so se soporta Linux(es), pero pode que Mac e Windows tamén funcionen.

  • O recomendable é traballar en Linux e ter unha instalación de rust, logo instalar a última versión de desenvolvemento de Typst usando Cargo:
    cargo install --git https://github.com/typst/typst --locked typst-cli
  • En windows, o recomendable sería instalar Typst usando scoop, usando o cubo nightly. Para instalar Make, pode probarse tamén a instalalo con Scoop, senón, están as toolchains MYSYS2, CYGWIN, GIT BASH ou pode que WSL. En calquera caso, NON nos esperamos que se use en Windows, enserio, cambiade de sistema operativo.
  • Se ides facer git clone do repositorio precisaredes instalar tamén git-lfs, que é o que empregamos para evitar gardar copias completas de todos os ficheiros pesados (imaxes, PDFs, fontes) en cada versión. Usando LFS, descárganse só as versións actuais e mantéñense punteiros ás anteriores, o que reduce moito o tamaño do repo. Se clonades o repositorio sen telo instalado, en vez dos ficheiros reais, teredes eses punteiros de texto e o proxecto dará erros na compilación.

(voltar ao índice)

Como compilo isto?

  • Neste repositorio, premer o botón verde de CODE e descargar o ZIP. Alternativamente (o recomendado), clonar o proxecto con Git:
    git clone https://github.com/fisicaUSC/revista
  • Todo o proceso de compilación se manexa con Make (véxase a makefile):
    make numero=001              # Compilar a revista número 001
    make numero=001 metodo=watch # compila a revista usando o método incremental de Typst
    make numero=001 propaganda   # Xerar as propagandas do número 001
    make numero=001 artigos      # compila a revista e os artigos individuais para os redactores.
    make todo                    # Compila todas as revistas, propagandas e artigos individuais
    make limpa                   # Limpar os ficheiros auxiliares
    Por defecto, coa configuración de make adxunta, ao compilar unha revista o PDF que se xere gárdase no directorio .pdf/ e os ficheiros auxiliares en .aux/.

(voltar ao índice)

📚 Outros enlaces e documentos

No cartafol docs/ inclúense ficheiros con ligazóns útiles, información relevante da revista e sobre o proceso de edición.

(voltar ao índice)

📜 Licenzas

Este proxecto utiliza recursos de terceiros suxeitos ás seguintes condicións de licenza:

Recurso Función Licenza
Latin Modern Tipografía de texto GUST Font License (baseada en LPPL)
Roboto Tipografía de texto SIL OFL
Nerd Fonts Iconografía MIT License

About

MOMENTUM: a revista estudantil da Facultade de Física da USC

Resources

Stars

9 stars

Watchers

1 watching

Forks

Releases

Contributors

Languages